Arte abstracta na casa.

AG.- Como ben sabedes, a arte pode estar en todas partes e nós, desde a casa, podemos converternos en artistas sen necesidade de empregar moitos materiais. Hoxe Fátima Rúa Yáñez, quere compartir con nós unha iniciativa que aprendeu cando era mestra en prácticas da súa titora, Cuchi Souto. 

Imos facer unha obra de arte abstracta e, con ela, podemos expresar todo o que queiramos, dependendo das cores que escollamos. Para esta actividade precisamos: 

  • Unha tampa dunha caixa de cartón.
  • Un folio ou anaco de papel do tamaño que queiramos.
  • Unha bóla.
  • Pinturas de pincel (poden ser témperas ou acrílicas). 

En función do que queiramos expresar, escolleremos unhas cores ou outras.

Neste vídeo podedes ver, paso a paso, como levar a cabo esta actividade. Podedes facer tantas obras de arte abstracta como queirades e convidar a toda a familia a facelo. Incluso podedes montar un pequeno museo de arte abstracta na casa!

Que vos parece? Animádesvos a participar? 

Imaxe de Martina Bulková en Pixabay

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *