Plastilinas caseiras.
AG.- Bos días rapazada!
Como xa sabedes, nestes días non podemos ir á compra se non é estritamente necesario. Para iso imos queremos suxerirvos dúas receitas para facerdes pasta de modelar caseira, con ingredientes que podedes atopar nos vosos andeis.
A primeira receita achéganola o mestre Santiago Gil Castro ==> Masa para modelar.
Estoutra, sen glute, déixanola Sandra Atanes ==> Plastilina caseira con fariña de maínzo.
(As medidas para esta última receita son: 2 partes de fariña, 1 de acondicionador/suavizante e unhas pingas de colorante)
Gústame moito o de facer as plastilinas caseiras pero na segunda receita non indican as cantidades ou polo menos eu non as vexo.
Un saúdo
Bo día Ángeles,
como ben dis non aparece, xa o sentimos. Tes dúas opcións:
1. 2 tazas de fariña de millo e 1 de suavizante
2. 500gr de fariña de millo e 300gr de suavizante
Espero ter solucionado o teu problema. Xa nos contarás que tal resulta a plastilina 😀
Saúdos!