Luísa Villalta. Un poema para o 8M

AG.- Marta Dacosta Alonso envíanos esta unidade didáctica para o 8M.

Luísa Villalta é a poeta á que se lle dedica este 2024 o Día das Letras Galegas. Ela foi unha das escritoras que creou, nos anos 90 do século XX, unha produción literaria en que as escritoras deixaron constancia da súa conciencia de xénero. A denuncia das desigualdades e a reivindicación do noso dereito a ocuparmos os mesmos espazos están presentes na súa obra.

Marta elabora esta unidade didáctica a partir do poema As damas que antano cantaron , poema publicado na revista Festa da palabra silenciada.

 


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *