Watermelon sugar

E rematamos este curso con música. Desta volta, a profesora Raquel Fernández tráevos este temazo do cantante inglés Harry Styles titulado “Watermelon sugar” e unha actividade que podedes facer online ou descargar aquí. Aproveitamos para desexarvos unhas vacacións de verán estupendas nas que poidades gozar do que máis vos guste e desconectar un chisco da realidade. Pola nosa banda, colleremos forzas para o curso que vén. Foi un privilexio traballar con este equipazo de profesionais na sección de inglés secundaria. School’s out. Enjoy the summer!!!


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *