CO-MIX: contamos historias en viñetas

AG.- Para rematarmos o curso e de cara ás vacacións, unha proposta de xogo de mesa narrativo: CO-MIX (de Edge Entertainment). Xa presentamos antes outros xogos deste tipo, como DIXIT; mais neste caso, as historias que creemos (de suspense, de amor, de humor ou de terror) desenvolveranse baixo a antraente estética do cómic.

Cada xogador ou xogadora terá que completar unha páxina de banda deseñada de seis ou nove viñetas cunha serie de fichas que mostran diferentes debuxos, despois terá que narrar a súa historia e, finalmente, os demais valorarana. O xogo faise máis entretido se interveñen cinco ou máis participantes.

Ideal para xogadores con espírito creativo e devotos do cómic, que se deben poñer na pel de guionistas. E por certo, CO-MIX, ao estar vinculado por enteiro a elementos visuais e non verbais, permite que traballar a expresión oral en calquera lingua.

Aquí queda un vídeo titorial (en castelán) que describe con máis detalle o mecanismo do xogo.

 


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *