OLLOBOI 2023 – Festival de cine escolar (ampliación de prazo ata o 12 de maio)

AG.- O Festival de cine escolar Olloboi chega á súa 13ª edición, un certame que vén facéndose eco da creación audiovisual en centros escolares dende 2009.

A súa web é unha plataforma para coñecer a creación nas aulas. Ademais, durante o curso publican un material pedagóxico inestimable para axudar na alfabetización audiovisual ( Aprendo con Olloboi) e ofrecen obradoiros impartidos por xoves profesionais do cine.

Que aínda non vos anotastes? Non pasa nada, ampliouse o prazo ata o 12 de maio podedes presentar as vosas pezas.

Que este ano non fixestes ningunha? Tampouco pasa nada porque podedes presentar traballos audiovisuais escolares realizados nos últimos tres anos.

Recorda 5 de maio!

E tamén podes traballar coas curtas gañadoras das edicións anteriores que son magníficas pezas audiovisuais feitas nos nosos centros educativos.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *