Crebacabezas de outono

AG.- Charo Vázquez Freire, compañeira de Aulas Galegas, achega hoxe a Enredos esta escolma de «Crebacabezas de outono», elaborada en Genially. Seis crebacabezas con imaxes relacionadas co outono, co Samain, co Magosto… En cada un deles podemos seleccionar ata 4 niveis de dificultade, con 9, 14, 18 ou 24 pezas.

Ideal para pasarmos un bo anaco practicando o vocabulario relacionado con esta estación e con estas celebracións: cabaza, castaña, pantasma, tumba…


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *