A job interview

AG.- Se cadra nun futuro non moi afastado, o noso alumnado vai ter que enfrontarse a unha entrevista de traballo en inglés. A profesora Luana BR pensou niso e achéganos dúas actividades coas que poder aprender a facela correctamente. Por unha banda, presenta un texto para practicar a comprensión lectora. Despois, a rapazada poderá ver unha entrevista nun vídeo co cal poderá perfeccionar a súa pronuncia e facer tarefas de comprensión oral. Let’s go!


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *