A raíña espida para o 8M
AG.- Marta Dacosta Alonso envíanos estas actividades para o 8M.
En 1116, prodúcese en Santiago de Compostela unha revolta contra a Raíña Urraca e o bispo Xelmírez. O bispo conseguiu zafarse sen dano do asalto, mais a raíña sufriu unha situación verdadeiramente indigna. A seguir ofrecémosvos dous textos que falan daqueles feitos. O primeiro é un poema de Luís Seoane. O segundo o relato histórico realizado por Francisco Rodríguez, baseándose na crónica Compostelá.