7 black stories

AG.- Imos repasar a voz pasiva en inglés dun xeito diferente. Desta volta, a profesora Luana BR achega esta proposta para xogar na clase. En cada unha das diapositivas, o alumnado ten información sobre un crime concreto e o resultado final do mesmo. Achégaselles, ademais, unha imaxe a modo de pista. Cada grupo debe intentar seguir os feitos e adiviñar que puido ter acontecido. Deixar voar a imaxinación pode dar lugar a historias ben divertidas!

 


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *