Seres doutro mundo
AG.- Aínda que xa pasou o Samaín, este marca a entrada dun tempo de escuridade e polo tanto o medo é unha sensación que vai dominar o que queda de outono e o inverno. Xa sabedes que desde sempre o pobo ten no seu imaxinario seres máxicos que o acompañan.
É por iso que Noemí Pazó nos fai chegar desde o IES Campo de San Alberto de Noia un “Abecedario de seres doutro mundo”, elaborado a partir do marabilloso Dicionario de seres míticos galegos de Xoán Ramiro Cuba , Xosé Miranda e Antonio Reigosa, editado por Xerais.
Pódese usar como fonte de inspiración para relatos ou debuxos, para traballar a descrición ou para calquera outra cousa que se vos ocorra. Imaxinación ao poder!!!
Abecedario de seres doutro mundo en DIN A4.
Abecedario de seres doutro mundo en DIN A3.
Abecedario de seres doutro mundo completo nunha páxina en A3.