Un día na vida de…

AG.- Isabel González Piñeiro propón unha actividade de transformismo histórico! Esta actividade dirixida ao curso de 2º da ESO consiste en imaxinar como sería a nosa vida na Idade Media.

Temos que poñernos na pel do campesiñado, da nobreza, dun monxe, dunha abadesa ou dun mercador. Unha vez elixido o grupo social ao que pertencemos investigaremos como transcorrería un día calquera: onde vivimos, como é a nosa vivenda e de que partes consta, cal é a base da nosa alimentación, como vestimos, o noso traballo, se é o caso, e as formas de diversión.

Porque a Historia medieval tamén pode ser divertida!

Podedes consultar os pasos para o desenvolvemento e a temporalización desta actividade premendo aquí.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *