Back to school!
AG.- Despois de tomarnos un respiro durante o verán, inauguramos o curso con moitas ganas. Para aquel alumnado que comeza a ESO, a profesora Ana Arias achega un xogo moi sinxeliño co que repasar vocabulario relacionado cos materiais de clase ao mesmo tempo que interacciona oralmente na lingua estranxeira. Feliz reencontro!