Axenda alumnado 21_22

Seguimos enchendo a mochila Aulas Galegas para comezar o curso.

Agora tócalle a quenda á axenda do alumnado. Para nós é prioritario poder fornecer o alumnado de materiais de traballo na nosa lingua e é por isto que non podía faltar no noso portal unha axenda escolar específica para o alumnado que lle ofreza un soporte físico e permanente á súa actividade académica.

Procuramos na medida do posible que esta axenda respondese a todas as necesidades básicas de calquera alumna e alumno e, neste sentido, ofrece os elementos clásicos e tradicionais neste tipo de documentos como páxina de horario, calendarios trimestrais e mensuais e páxinas de semana vista.

A nosa axenda pretende cubrir máis aspectos que as necesidades básicas e por isto é posible atopar nela a sección “Recursos” onde poderás tomar nota de:

– contrasinais

– contactos

– lecturas

– información académica

– exposicións e exames

– avisos de titoría

– traballos telemáticos…

Todo isto enriquecido con elementos como as palabras do camiño, un apartado de léxico e ilustracións relacionadas coas peregrinacións.

Desexamos que a axenda cumpra o seu cometido e agardamos que vos guste.

Por favor, deixádenos nos comentarios as suxestións de mellora por se houbese a oportunidade de aplicalas noutra ocasión.

Grazas e que que teñades un curso ordenadiño que por axenda non ha de ser!

DESCÁRGAA AQUÍ

 


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *