Unidade didáctica: “Agricultura tradicional vs agricultura industrial”
AG.- A asociación ecoloxista Amigos da Terra, estrea colaboración co proxecto Aulas Galegas. Amigos da Terra é impulsora do proxecto Eco Hortas Escolares, unha rede de traballo e intercambio de experiencias na que participan 11 centros educativos galegos con hortas ecolóxicas.
No marco desta rede elaboráronse o curso pasado unha serie de unidades didácticas para traballar na aula temáticas relacionadas coa agricultura e a alimentación, dende unha ollada ampla que facilite a refexión do alumnado sobre as desiguadades globais, o desenvolvemento sostible e o impacto da actividade humana no medio ambiente.
Neste curso, grazas a colaboración cunha equipa de docentes de Aulas Galegas, estamos a traballar conxuntamente na adaptación destas unidades á contorna telemática e ao traballo a distancia. O obxectivo é xerar recursos didácticos que permitan ao alumnado realizar de xeito online estas unidades a través de fichas didácticas, vídeos e diversas propostas de traballo.
Moi orgullosas de todo este traballo, e agardando que vos resulte de utilidade, lanzamos a primeira das unidades, con 2 materiais de traballo diferenciados por etapas educativas:
Alumnado de 1º e 2º ciclo de Ed. Primaria:
Nome: “Agricultura tradicional vs industrial”
Obxectivos:
Aprender a diferenciar as actividades agrícolas tradicionais das industriais.
Desenvolver hábitos de consumo responsable.
Alumnado de 3º ciclo de Ed. Primaria:
Nome: “Agricultura tradicional vs industrial”
Obxectivos:
Aprender a diferenciar as actividades agrícolas tradicionais das industriais.
Desenvolver hábitos de consumo responsable.
Identificar actividades humanas que modifican o medio natural.
Identificar prácticas saudables para previr e detectar riscos para a saúde.
Explicar o uso sostible dos recursos naturais.