Repensa: o día máis longo, a noite máis pequena

AG.- Aquí vos deixamos un dilema moral que nos formula o noso compañeiro, Miguel Vázquez Freire, para repensar as tradicións.

O pobo dunha vila mantén unha vella tradición, a partir dunha lenda transmitida de pais a fillos, segundo a cal danzar a noite do solsticio de verán ao redor dunha gran fogueira ata que o sol volve saír na mañá seguinte trae consecuencias beneficiosas para os danzantes. As novas autoridades queren impoñer un programa que elas mesmas cualifican de racionalizador dos costumes, mediante o cal pretenden eliminar todas as prácticas que non se axustan a criterios racionais e científicos. Entre estas prácticas está a danza do solsticio de verán. As xentes da vila rebélanse contra a decisión das autoridades mentres que estas as acusan de ignorantes e anticuados por continuar crendo en lendas sen sentido.

Cres que é correcto que todos os costumes se baseen en “criterios racionais” e en consecuencia se prohiban os que proceden de tradicións míticas?


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *