Burns Night
AG.- Hoxe, 25 de xaneiro, celébrase a chamada Burns Night (Noite de Burns) para honrar o aniversario do nacemento en 1759 do célebre poeta escocés Robert Burns. Conta a lenda que despois da súa morte, en xullo de 1801, varios amigos de Burns reuníronse para lembrar a figura do coñecido como o grande bardo precursor do Romanticismo. Tras o éxito desta primeira cea, decidiron repetila e así comezou unha tradición que perdura ata os nosos días. Se queres saber máis sobre esta exaltación cultural, non podes perder este breakout deseñado pola profesora Raquel Fernández. Sláinte Mhath!