Adeus a Lino Braxe
AG.- Onte deixounos Lino Braxe, quizais o artista más polifacético da nosa terra.
Poeta, director de teatro, actor de dobraxe, pintor, locutor de radio…
Como activista e referente na cultura galega, Lino apoiou Aulas Galegas desde o inicio colaborando na primeira edición do Concurso Ouvea o Lobo para promocionar a escritura e o desenvolvemento do talento e a ficción sonora como xénero.
Na súa faceta de artista plástico, compartiu tres ilustracións para animar a rapazada no seu proceso creativo.
Sobre o inicio da sua actividade comentaba:
“Todo empezou como agora. Tiven que estar 16 meses nunha cama debido a unha pneumonía brutal. Era un neno. E aprendín a distraerme só. Debuxaba, lía contos, poemas sinxelos e así pasaban os días. Ata que eu mesmo empecei a escribir adiviñas, refráns e poemas sobre os contos que lía. E ata agora. Sigo facendo o mesmo: debuxar e escribir. E facer teatro e dobraxe. Non podo parar….”