Seis preguntas para analizar a realidade

AG.- Que? Quen? Cando? Onde? Por que? Como? son preguntas básicas á hora de describir unha realidade pasada, desde un feito histórico a unha noticia recente. Estas preguntas comezan en inglés pola letra W e polo H, de aí que se coñezan como as 5W+1H, malia que a súa orixe está na Grecia antiga, coma a de tantas outras cousas. Se tes presente estas preguntas á hora de facer un traballo ou un exame, seguro que vas sacarlles maior proveito aos teus coñecementos, evitarás deixar cousas sen poñer polo nerviosismo, daraslles unha orde e unha estrutura máis clara aos contidos… A maiores, e relacionadas con elas, teriamos o “a quen”, o “para que” ou as consecuencias, que tamén teñen moita importancia para explicar segundo que feito. Todo isto está nesta infografía feita pola profesora de Historia Alexandra Cabana Outeiro. Gárdaa e compártea, agardamos que che sirva de axuda. #5W1H #historiadeespaña #xeografíaehistoria #trucosparaestudar #trucosparaexames #ALFINAMI #AMI


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *