E seguimos… unha de avespas asiáticas!

AG.- No curso dunha conversa na clase de bioloxía acerca do efecto que a invasión de avespas asiáticas está a producir nas poboacións de abellas melíferas autóctonas, suscítase unha discusión a respecto de se os seres humanos temos ou non dereito a decidir que especies deberían existir e en que condicións e ámbitos, por seren proveitosas para a humanidade nalgún sentido, incluíndo entre eles o seu posible valor estético ou cultural, e cales outras deberían ser limitadas ou mesmo exterminadas se resultan gravemente perniciosas para os intereses humanos.

Como argumentarías ti a túa posición ao respecto?


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *