A propósito da vacina… Dilema Moral

AG.- Unha empresa farmacéutica leva varios anos desenvolvendo un medicamento que se cre que pode resultar moi eficaz para combater un tipo de enfermidade para a cal ata agora non se dispón de tratamento.
Na actual fase de desenvolvemento do medicamento necesítase experimentar con primates (en concreto, con orangutáns e chimpancés) para comprobar o poder curativo deste tratamento, así como os seus posibles efectos adversos (de feito, sospéitase que os efectos secundarios poden ser moi graves). En calquera caso, tense a certeza de que os animais que se utilicen nas probas non poderán sobrevivir e deberán soportar un nivel elevado de sufrimento, pois nesta fase experimental é imprescindible utilizar doses moi altas da substancia coa que se está investigando.

Consideras aceptable, dende un punto de vista ético, levar a cabo este tipo de probas con animais?


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *