O valor da mirada

A expresión é unha parte indispensable da nosa forma de comunicarnos e nestes momentos, máis ca nunca, temos que buscar alternativas para expresarnos alén das máscaras.

Parástesvos a pensar algunha vez o importante que é a comunicación non verbal? A importancia da mirada para transmitir unha mensaxe é vital.  O compañeiro Jesús Somoza comparte con nós este vídeo para traballar as miradas ao mesmo tempo que traballamos emocións, empatía e creatividade. Imos xogar coas miradas!!


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *