Scruble Cube
AG.- Se vos gusta o Cubo de Rubik e o Scrabble, este será o voso xogo ideal: o Scruble Cube.
O cubo en cuestión é de 4x4x4. Nas caras dos minicubos aparecen letras co seu valor en puntos e tamén hai caras multiplicadoras.
Cada xogador ou xogadora, por quendas, ten 90 segundos para manipular o cubo ata formar unha palabra en liña recta en calquera dirección. Ademais os participantes tamén obteñen bonificacións se a súa palabra cobre máis dunha cara ou se se cruza cunha palabra creada previamente.
Un crebacabezas de proporcións épicas!