Obras seleccionadas no concurso Ouvea o Lobo para a valoración popular
AG.- O comité de avaliación da primeira edición do concurso de creación de narrativa sonora para Aulas Galegas, Ouvea o Lobo, xa valorou os textos recibidos e selecccionou os tres que vos presentamos para a valoración popular.
Convidámosvos a que participedes da experiencia de ler, votar e comentar os relatos deste apaixonante concurso que invita a crear a través de imaxes e de personaxes da cultura galega como Lino Braxe e Santy Gutiérrez e de distintos sons.
Premede na imaxe para acceder aos textos.
Esperámosvos en Facebook para votar e animámosvos a deixar algún comentario.
Unha vez rematada a votación nas redes, o xurado, entre o que se encontra a poeta galega Enma Pedreira, adaptará o texto e será sonorizado como podscat coas voces de artistas como Quico Cadaval e Sole Felloza.
O relato gañador será interpretado no Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) e os relatos seleccionados recibirán un agasallo da Fundación Luís Seoane e de Atlántica Festival Internacional de Narración Oral.