Xogando coas palabras II: investimento e financiamento

AG.- Continuamos traballando conceptos contables e compartimos a última proposta das seccións de Economía e FOL neste curso da man da nosa compañeira Lucía Castellanos (@Lucaco271). Novamente, trátase de 3 xogos relacionados entre si, nesta ocasión para revisar conceptos ligados ao investimento e ao financiamento.

Se viches a nosa publicación anterior, xa coñecerás o tipo de xogos propostos. Agardamos que saques boas puntuacións e consigas repasar conceptos de forma sinxela. Podes premer directamente nas ligazóns ou ben descargar no teu dispositivo a aplicación e xogar offline.

  • Sopa de letras: localiza na sopa de letras as palabras que aparecen na marxe dereita e preme na pantalla para sinalar onde están. Ollo, que hai tempo!
  • Chocolate aforcado: vai colocando letras nos ocos ata completar palabras. Cada letra incorrecta elixida fai que se vaia rematando a tableta de chocolate, así que trata de completar antes as palabras!
  • Ordena as letras: reordena as letras ata formar palabras. Ten coidado porque resta puntos colocar letras no lugar incorrecto!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *