Recordando a Juan Vidal Lemiña
AG.- A continuación, Clara Pino comparte o tema e o videoclip “Me vou en bote”, composto por Juan Vidal Lemiña e arranxado e dirixido polo seu fillo, Pablo Vidal Mendoza.
Juan Vidal Lemiña nace en Carril en 1932 e morre en Fontecarmoa no ano 1994.
Emprega localismos porque di “moitas veces, as persoas, non somos de cidades, senón de barrios”, e estes son os barrios do autor (localizados no actual concello de Vilagarcía).
Durante moitos anos, todas as cancións de Juan Vidal Lemiña se cantaron en Vilagargacía, pasando do “boca a boca”, ata que un día o seu fillo, Pablo Vidal Mendoza, se decatou da importancia que tiñan estas cancións para Vilagarcía.
Preguntou na SGAE (Sociedade Galega de Autores e Editores) e atopou que o seu pai era socio xa desde o ano 1959.
E aquí comeza o proxecto. Primeiro a recompilación de obras, entrevistas coas persoas que cantaron nos coros que el fundou e dirixiu (Coro Alento Xoven de Carril, Coro de Fontecarmoa) para plasmar todo isto nun libro e nun CD que viu a luz no outono de 2019.
Este home, autor de cancións marabillosas que xa forman parte do patrimonio musical da Arousa, fixo esta canción desde a emigración no País Vasco, realidade de moitos galegos e galegas. Unha canción chea de saudade á súa terra.
Sabiades que a primeira liña de ferrocarril en Galicia foi Santiago-Carril estreada en 1899 por mor das familias ricas que ían a veranear desde Santiago de Compostela a Vilagarcía? De aquí toma o nome a Praia de Compostela.
Para todas e todos vós un petisco destas creacións que forman parte da nosa historia; do por que se crea unha liña ferroviaría e da importancia que isto ten para unha vila.
Agardo que gocedes.