Xogando coas palabras I: análise contable
Compartimos unha nova proposta da nosa compañeira Lucía Castellanos (@Lucaco271) en forma de 3 xogos relacionados entre si, nesta ocasión para revisar conceptos ligados á análise contable.
En cada un dos xogos debes ubicar unha serie de palabras. Son conceptos importantes na área de contabilidade, así que se tes dúbidas do que significan, sería recomendable que os repases despois de xogar.
A continuación, tes o acceso a cada un dos 3 xogos xunto cunhas breves instrucións para ter máis claro como xogar. Podes clicar directamente nos enlaces ou ben descargar no teu dispositivo a aplicación e xogar offline.
- Sopa de letras: localiza na sopa de letras as palabras que aparecen na marxe dereita e clica na pantalla para sinalar onde están. Ollo, que hai tempo!
- Chocolate aforcado: vai colocando letras nos ocos ata completar palabras. Cada letra incorrecta elixida fai que se vaia rematando a tableta de chocolate, así que trata de completar antes as palabras!
- Ordea as letras: reordea as letras ata formar palabras. Ten coidado, porque resta puntos colocar letras no lugar incorrecto!