A quen tes no teu corazón?

AG.- Hoxe, ao ritmo de María Fumaça, poñémonos a pensar… A quen teño eu no meu corazón?
Eva Lastra, mestra do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme de Burela, enviounos un vídeo de todos os nenos de primeiro de primaria do cole interpretando a canción “Eu teño algúen no meu corazón”.
Tiveron unha grande axuda, xa que os tres nenos de María Fumaça (Ruí, Paulo e André) gravaron  con todos eles o vídeo!
Unha vez que vistes o vídeo, non vos entran ganas de dicirlle a alguén que o tedes no voso corazón?! Pois non vos preocupedes, xa que aquí vos deixamos varias propostas para que poidades facelo:
– Unha postal para que lle escribas a esa persoa tan especial.
– Un diploma para que premies a quen máis queres!
– Un marco para facerlle un fermoso debuxo.
– Un currículo para que lle digas a esa persoa especial todo o bo que ten!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *