Creatividade con Magín Blanco e Leandro Lamas.
AG.- Da man de Ángela L. Covelo Soto, propoñémosvos unha actividade na que cantaredes e pintaredes ao mesmo tempo.
Pois ben, tomando como partida o vídeo da canción “Don Ramón” de Magín Blanco con ilustracións de Leandro Lamas, pensamos nas seguintes actividades:
1.- Aprende e canta a canción.
2.- Despois de aprendela e gozar cantándoa, podes facer un debuxo seguindo os titoriais de Leandro Lamas. Verás como paso a paso e sen darte conta farás uns debuxos ben divertidos e chulos.
Non dubides en compartir con nós o teu nos comentarios ou en aulasgalegasmusica@gmail.com
Debuxos paso a paso: