Criptografía lúdica: o código de César

AG.- Se cadra, algún día precisas enviar unha mensaxe que só poida interpretar o seu destinatario e mais ninguén. Quen sabe? Daquela estaría ben que coñezas algún método de encriptación de textos.

Hoxe propoñémosche unha opción que ten a súa orixe na antiga Roma: o código de César. Cóntase que o emperador Xulio César (101 – 44 a. C.), para se comunicar cos seus xenerais, empregaba un sistema moi simple de substitución en que cada letra era trocada pola terceira seguinte no alfabeto.

Por exemplo, es quen de descifrar esta frase tan de noso?

TZH GNP RV UZORURVRV

Aquí tes un xerador automático de facilitará o traballo (iso si, nel emprégase o alfabeto inglés).


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará