Teledocencia: indicacións e trucos (II)

AG.- Seguimos coas achegas de Xurxo Fernández-Nóvoa. Nesta ocasión céntrase na corrección lingüística porque, xa sabedes, que debedes ter coidado porque as vosas tarefas -en xeral-, a pesar de estaren escritas co computador, están inzadas de erros (ortográficos, gramaticais, de léxico…). Sempre é primordial facer un uso rico da lingua, evitando erros, castelanismos, etc.

Nesta tempada na que estades a presentar os traballos escritos a computador, o profesorado será moito máis esixente neste aspecto, e tamén o debedes ser vós mesmos/as. Os procesadores de texto (word, libre office etc.) teñen a opción da revisión gramatical (e con certeza, en galego), para que nos axuden (e tanto!) a detectar posíbeis zocadas.

Tende coidado tamén na distribución dos apartados, tarefas, diferentes exercicios, etc. pois ás veces é mellor comezardes unha nova páxina que deixar no final da anterior o título ou breves liñas dun novo asunto.

Correctores ortográficos e análise textual

  • Corrector Galgo (O corrector imaxin Galgo é o primeiro corrector que soluciona non só erros de carácter tipográfico e ortográfico, senón tamén léxicos, que se poden atopar nos textos escritos en galego. Esta nova versión de imaxin Galgo actualiza e mellora esta ferramenta, pensada para a análise dos problemas de carácter ortográfico e léxico que poidan aparecer en textos escritos en galego): http://www.lingua.gal/recursos/para-traballar-en-galego/_/aprendelo/contido_0113/corrector-galego-galgo
  • Corrector ortográfico Ortogal de textos da UVigo: http://sli.uvigo.gal/corrector/index.php
  • Análise textual Dcontado (serve para contar as palabras e as letras do teu texto en galego, español ou inglés… e, alén diso: clasifícaas segundo sexan nomes, adxectivos, verbos, adverbios, etc.; recoñece no texto os nomes de persoas, de lugares, de organizacións, etc.; identifica as secuencias máis usadas de dúas, tres e catro palabras; atopa na Wikipedia os conceptos que aparecen no texto e aínda máis!): http://sli.uvigo.gal/dcontado/
  • Normas da RAG.
  • Convertedor texto-voz Cotovía da Uvigo: http://gtm.uvigo.es/cotovia

 

 

 


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *