Bingo Elemental
AG.- Para poder falar de modelos e representación atómica é necesario entender as características das partículas subatómicas básicas e onde se atopan no átomo. A táboa periódica dos elementos permite coñecer o número de partículas a partir do número atómico e o número másico. Isto pode relacionarse co peso atómico do elemento, cos isótopos,…..
Imos xogar coa táboa para entender que representa cada símbolo e notación da táboa e como se pode relacionar coas partículas subatómicas básicas.
Materiais:
Desenvolvemento:
Cada un de vós ten un cartón de bingo con números e unha táboa periódica.
O/a profesor/a vai ir sacando dun saco unha cartolina cun elemento e vaino ler en alto.
Cun rotulador tachas o número do cartón que consideres.
No momento que teñas unha fila ou grupo do cartón cantas liña ou bingo.
A resposta é correcta cando se indica o período, grupo e nome do elemento.