Origami

AG.- Origami (折り紙) é a arte de orixe xaponesa do pregado do papel (literalmente significa “pregar” (oru, 折る) “papel” (kami, 紙). En galego coñécese como papiroflexia ou “facer paxaros de papel”.  Aquí tedes o documento co paso a paso para conseguir facer, precisamente, esta figura. Como sempre lle digo aos meus alumn@s, ide paso a paso e tede en conta o máis importante: se dobrades moi ben o papel a figura sairá xenial!!!

Se queredes aprender un pouquiño máis sobre esta arte, premede aquí para ver o artigo sobre este tema na Galipedia.

Producións de paxaros dos ArcoRiquiños.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *