Refugallando con caixas de ovos

AG.- Estes días, algúns de nós, botamos en falta os ovos “da casa”: os que trae a avoa Mari, os que nos dan Rosita e Juan no verán…

A eses cartóns ímoslles “restando” ovos ata que quedan “baleiros” pois facemos tortilla, biscoito, ou mesmo temo-lo antollo de ovos fritidos na tixola.

E se reutilizamos esas “caixas que os protexen”?

De seguro que se vos ocorren moitísimas cousas que facer co material que tedes pola casa.

Nós, por exemplo, non tiñamos goma para axustar á cara os antefaces e carautas, porén collemos corda fina e cordóns dos tenis (“limpos”, eh?!).

Dámosvos algunhas ideas e propoñémosvos elaborar as vosas, con axuda dalgún familiar. Unha vez feitas, pasaredes unha tarde de xogos diferente.

Animádesvos a crear os vosos propios deseños?

                  PREMEDE AQUÍ

Lucía Lence Expósito


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *