Da Habana chegou un barco cargado de…
AG.- Queredes traballar a axilidade mental, a concentración e facer un repaso de lingua todo ao mesmo tempo?
Propoñémosvos este xogo que se titula “Da Habana chegou un barco cargado de…“.
Instrucións:
Xogadores: mínimo tres, aínda que poden xogar máis.
Normas: o que empeza di a frase de “Da Habana chegou un barco cargado de…” e engade unha palabra que estea relacionada co cargamento e indícalle ao resto de xogadores o tipo de palabras que deben dicir. Quedarán eliminados do xogo aqueles/as que se equivoquen, repitan palabra ou queden en silencio.
Exemplo: “Da Habana chegou un barco cargado de… substantivos”. Todas as palabras que se escriban deben ser substantivos.