Labores de gancho con Miriam (iniciación)
AG.- Hoxe Miriam vainos explicar como facer unha cadea coa técnica de gancho. Con esta actividade a maiores de ofrecer un pasatempo agradable, traballaremos tamén outros aspectos como a orientación espacial, a secuencia de movementos de mans e dedos e a súa coordinación. O traballo destas destrezas é fundamental para as persoas da terceira idade para manter o desenvolvemento de xeito autónomo das actividades básicas da vida diaria (escribir, abotoar a roupa, maquillarse…)
Animádevos coa técnica de gancho!
Canta variedade de actividades!!!!!!!! Bravo!!!!!!!!!!