Contar e construír, todo é comezar!

AG.- Esta proposta consiste en construír unha torre xigante coa axuda dun dado e pezas de construción:
1.- LANZAMOS O DADO
2.- COLOCAMOS O NÚMERO DE PEZAS QUE NOS TOCOU, TODAS DA MESMA COR.
3.- SE TEMOS CON QUE XOGAR, ESTABLECEMOS QUENDAS.
4.- CONSTRUÍMOS A TORRE MÁIS ALTA POSIBLE E, SE CAE… NON PASA NADA, VOLVEMOS EMPEZAR.
* VARIANTE DO XOGO con SUMA: cada vez que se colocan as pezas que nos saen no dado, contamos todas as pezas da torre, comprobando cal é a torre máis alta (e con maior número de pezas) que logramos.
* VARIANTE DO XOGO con REPRESENTACIÓN GRÁFICA: cando logramos facer unha torre de 10 a 15 pezas, por exemplo, podemos debuxala e pintala. Afiando a capacidade de contar e de sumar.

Sandra Atanes

Licenza Creative Commons
Esta obra ten unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *