Cociñando galletas para Dani

AG.- Dani é un dos mellores amigos do meu fillo. Só pode comer alimentos “sen glute”.
Esta é unha homenaxe a toda as persoas cuxo corpo, coma o seu, rexeita esa proteína que se atopa nas sementes dalgúns cereais como o trigo, cebada, espelta, centeo… incluso nalgunhas variedades da avea. Do mesmo xeito, o glute atópase nalgunhas composicións de xabóns, xices para taboleiros, rotuladores…e, en moitas ocasións, temos que modificar na casa, e na escola, materiais e hábitos de saúde para que estes nenos e nenas non absorban o glute pola súa pel e gocen dunha vida o máis normalizada posible.

LEMBRADE que, se facedes calquera alimento para unha persoa que coma “sen glute”, tedes que ter as mans e a superficie na que traballedes MOI LIMPAS, sen restos doutras substancias que poidan “contaminar” os ingredientes adecuados para esta e para outras receitas.

A web da Asociación de Celíacos de Galicia dános moita información sobre este tema.
Deixámosvos dúas receitas: unha “sen glute” e outra “con glute” (pois, sen a recomendación dun especialista non debemos quitar o glute da nosa dieta) para que fagades na casa e acompañades estas galletas no almorzo, na merenda…con zume, leite de arroz, infusión…
Seguide estes pasos:

Xa nos contaredes !

*A cantidade que vos poño de primeiro é a que puxen eu, a da paréntese é a da receita tradicional. Sempre poño menos azucre do que poñen as receitas

INGREDIENTES
                                                                     

                                            GALLETAS DE DANI (sen glute)                               
– 200gr. Fariña de millo (sen glute, Maizena…)
– 70 gr (75 gr.) Azucre branco
– 80 gr. Manteiga
– 1 ovo enteiro

GALLETAS (con glute)
-280 gr. Fariña.
– 250 gr.(300gr) Azucre.
– 80 gr. Manteiga
– 2 Xemas de ovo.
– 1 Cullerada de esencia ou crema de vainilla

Lucía Lence

Licenza Creative Commons
Esta obra ten unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *