Tutifruti de nomes e verbos
AG.- Queredes xogar un anaco? A mestra, Cristina Chousa, comparte con nós unha adaptación do clásico tutifruti ou stop para que as crianzas repasasen os tipos de nomes e os verbos (persoa, número, tempo e conxugación) xogando coas súas familias. Aquí deixamos o Tutifruti de nomes e verbos.
Agardamos que o pasedes moi ben!