O teu programa de radio. Titorial 2. A gravación.
AG.- Agora que xa tes a idea para o teu programa de radio, necesitas gravar o audio. Xa sabemos que os dispositivos móbiles incorporan unha gravadora, mais suxerímosche que instales a aplicación MP3 recorder para conseguir un audio nun formato que che permita editalo con Audacity, por se queres recortar anacos ou meterlle música.
Estás listo/a para abordar o segundo paso? Velaquí o vídeo:
Cóntacho o equipo de radio do IES de Teis.