Padlet, unha ferramenta para crear taboleiros colaborativos
AG.- Padlet é una ferramenta online, con versión app (Android e IOS) gratuíta ou non, que permite a creación de taboleiros dixitais a través dos que se poden compartir anotacións, páxinas webs ou diferentes arquivos con outros usuarios. A versión gratuíta permite crear tres taboleiros.
Pode empregarse como un taboleiro de anuncios persoal ou como una encerado colaborativo (muro dixital). No terreo da aprendizaxe é moi valioso xa que docentes e alumnado poden traballar ao mesmo tempo, dentro dunha mesma contorna. Os diferentes usuarios poden facer as súas achegas aos taboleiros de forma anónima ou como usuarios rexistrados.
Permite inserir imaxes, ligazóns, documentos, vídeos, audios, presentacións, entre outros. A súa interface é moi sinxela e ofrece varias opcións de personalización e está dispoñible en moitos idiomas, entre eles, o galego.
Padlet proporciona a ligazón para compartir en redes sociais, publicalo nun sitio web ou en calquera contorna virtual. Esta característica facilita o acceso ás distintas achegas publicadas.
Velaquí tes un Padlet con algunha entrada de Creación dixital que che pode ser útil.