Non estás só, non estás soa!
AG.- Hoxe, compartimos un documento de María Fernández de Sanmamed e Cristina Méndez Arosa, integrantes da asociación pedagóxica Mudare.
Nel dedican unhas verbas, tanto a familias como a mestres e mestras, tan necesarias neste tempo de inquedanza e incertidume.
Seguidamente propoñen unha serie de actividades relacionadas coa libre expresión, a comprensión e as emocións, o coidado persoal, as rutinas… En síntese, un documento moi completo e cheo de propostas para este tempo de confinamento.