Faina ti mesm@: MÁSCARA de tea

AG.- Agora que imos ter que usar máscaras en moitas actividades comunitarias, convén que saibades máis sobre elas. A revista Nós publica un artigo sobre as máscaras comerciais: cales escoller e como usalas.

Nesta entrada propoñémosvos que fagades a vosa propia máscara de tea. Na infografía tedes dous modelos posibles, a “mascareta” (a partir dunha camiseta de algodón) e a “máscara pro“, a partir dun cadrado de tea. Se queredes profundar nos mellores materiais téxtiles a usar, recomendámosvos este artigo de Galicia Ciencia.

Animámosvos a gravar o proceso e difundilo nas redes co cancelo #eumáscara. Se vos atrevedes, podedes mesmo incorporarlle un circuíto cun LED e unha pila de botón para facela góticaaaa!

E lembrade! costureir@ sen dedal, cose pouco e cose mal!

Máscaras de Asociación Ximiela de Louro
Foto de Rosa María Arcas

Achegámosvos un esquema eléctrico e unha táboa coas tensións de traballo de diferentes LEDs segundo a cor.

 


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *