Coñece a granxa con MergeCube

AG.- Santiago Gil Castro, mestre de Ed. Infantil  no CEIP Xoaquín Lourenzo Xocas de Bande, comparte unha proposta moi interesante para as crianzas de educación Infantil.

Esta actividade é ideal para  achegar os máis cativos ao mundo da granxa e  dos animais domésticos usando a realidade aumentada e a App CoSpaces.

Nesta actividade poderás descubrir o nome dos diferentes animais así como o son que emiten e, como reto da actividade, deberás atopar o galo que está  perdido pola granxa.

A idade recomendada será a partir de 3 anos coa presenza dun adulto.

Pasos para a utilización de CoSpaces e Mercube:

– Descargar a APP de CoSpaces no App Store ou Play Store  nun dispositivo móbil.

– Comprar ou elaborar o Mergecube co modelo que podes descargar na seguinte ligazón.

– Clicar na seguinte ligazón para acceder ao espazo virtual

– Gozar cos animais da granxa e co reto que che propoñemos!


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *