“Todo o día na casiña” adaptado

AG.- Ola a todos e a todas! Hoxe presentamos unha canción con moito agarimo para todos vós.

Trátase da canción  “Todo o día na casiña” que, dende a sección de Atención a diversidade adaptaron en LSE e con pictogramas para que toda a cativada poida aproveitala.

Queremos agradecer de forma especial este gran traballo, arduo e moi coordinado da sección, a Tareixa, Bea, Beni, Alba, Milinha, Ana, Eva e Charo pola súa involucración para que o proxecto saíse adiante. Por suposto tamén queremos agradecer  aos autores da canción que nos permitisen a súa adaptación.

Tamén vos deixamos unha guía para elaborar un paxaro con materias reciclados descargable

E como comentamos esta entrada está chea de cousiñas, aquí podedes descargar moitas actividades do conto.

Agradecémoslles ao autor da composición, Magín Blanco, á ilustradora, Luz Beloso, ás intérpretes, Paty-Uxía-Rosa-Carmen-Mari-Paula e  María, á gravación, Cristia Leggiero, á guitarra,  Jose, e á Secretaría Xeal de Política Lingüística como promotora do vídeo, a cesión dos dereitos para presentarmos esta obra en Aulas Galegas.

Imaxe destacada: do fotograma


6 comentarios en «“Todo o día na casiña” adaptado»

    • 30 Abril 2020 ás 17:48
      Ligazón permanente

      Moitas Grazas, o equipo traballou con moito agarimo para todos!!! a nosa mellor recompensa que guste

      Resposta
    • 30 Abril 2020 ás 22:04
      Ligazón permanente

      Grazas a ti Lucía. PAra nos que lle guste a xente e o mellor agasallo, despois dun traballo tan laborioso

      Resposta
    • 30 Abril 2020 ás 22:03
      Ligazón permanente

      Moitas grazas a ti por permitirnos facer esta adaptación. QUe alegría saber que gustou o traballo!!

      Resposta

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *