Día Internacional da Danza

AG.- Óscar Suárez Carbia, con motivo da celebración do Día Internacional da Danza, fainos a proposta dunha actividade que elaborou o departamento de educación da Cidade da Cultura. 

Coa axuda da Raposa Fedella, presentamos un percorrido no que imos viaxar dende o Neolítico ata a actualidade pasando polo antigo Exipto e a Idade Media; nunha travesía na que  hai que resolver enigmas, descifrar un xeroglífico… para descubrir a fascinante historia da danza a través da pintura.

Preme aquí para chegar á actividade.

Podedes mandar un vídeo bailando ao seguinte correo electrónico para editalo e crear unha peza conxunta. Enviade as vosas propostas a onlinecidadedacultura@gmail.com (ata o venres 01 de maio). Despois podedes seguir mandando as vosas danzas igualmente, só que non se poderán engadir xa á peza conxunta editada.

Agardamos que  vos guste!!!


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *