#MUSEONACASA
AGR.- O Museo de Belas Artes da Coruña, dentro da iniciativa #aculturasegue propónnos unha actividade chulísima chamada #MUSEONACASA, para todas as idades! e que busca que vos animedes a recrear unha selección de cadros que nos propoñen. Estas son as indicacións:
1. Escolle unha entre as seguintes nove obras propostas polo museo:
- Retrato Herminia Borrell (Elena Olmos Mesa)
- Vista de Coruña (Urbano Lugrís González)
- Mariscadoras (Luís Seoane)
- Costas gallegas (Francisco Lloréns)
- La caída de Ícaro (Jacob Peeter Gowy)
- Desnudo tumbado (Germán Taibo)
- Bodegón (Manuel Colmeiro)
- Mariana de Austria (Frans Luycks)
- El castigo (Tomás Lucena)
2. Crea e versiona a obra cos materiais e técnicas que ti elixas.
3. Envíaa cos teus datos ao correo mu.belas.artes.difusión@xunta.gal
O prazo remata o 15 de maio!
As obras seleccionadas serán anunciadas o día 18 de maio, Día Internacional dos Museos, e subiránse á web oficial do Museo Belas Artes da Coruña.
Subirán algunhas das obras preseleccionadas para que poidades votar as que máis vos gusten.
Se subides as vosas creacións ás redes non esquezades etiquetar o Museo:
- Instagram: @museo.belas.artes.coruna
- Twitter: @MuseoBelasArtes
- Facebook: Museo de Belas Artes da Coruña