Continuamos co reto
AG.- Moitas persoas pedístesnos a presentación en lingua de signos.
Agrádanos escoitar isto, pois quere decir que estamos a facer algo moi ben, estamos traballando a prol da inclusión.
Para que sexa máis doado, achegamos aquí tres vídeos da nosa compañeira Tareixa Martínez onde nos indica o saúdo en LSE.
Só se trata de practicar e facelo con cariño. A que lle encanta á rapazada da casa?
Seguímosvos animando a compartir os vídeos con nós. Tareixa seguro que nos indica como o imos facendo.
No Facebook de “Aulas Galegas” xa temos algunha valente que nos deixou o vídeo e, por certo, ” MOI BEN SIGNADO, HELENA, BRAVO”.