Solución da adiviña (2º parte)
AG.- Na adiviña da semana pasada Lolo facíanos varias cuestións que resolveremos a continuación:
- Que lle pasou a Perellán? Que foi o que o levou a encher a bañeira? Pois ben, cando Perellán chegou á casa e pousou as bolsas na mesa non viu que Xan lle cortara as patas. Todo isto, levono a pensar que CRECERA!
- Por que se puxo tan ledo Perellán? Por que por fin ía poder tomar un baño coa bañeira chea de auga. Isto trouxo consigo un fatal desenlace: Perellán non medrara tanto como pensara, senón que Xan, simplemente, lle cortou as patas á mesa.
- Onde estaba Xan e porque non o socorreu? Fora por leña ao monte, polo que lle foi imposible escoitar os berros de auxilio de Perellán.
Agardamos que chegásedes a estas mesmas conclusións. Nas vindeiras semanas teremos máis adiviñas!