Cos animais a voltas
AG.- Hoxe queremos repasar a clasificación dos animais. Por iso, a mestra Isabel Fraguela Santos preparou unha actividade con este xogo de mesa. Le ben as regras do xogo para completar a seguinte táboa!
Instrucións:
- Un voluntario terá que recitar o abecedario mentalmente e o máis novo da familia dirá “ALTO” no momento que elixa.
- A persoa que está pensando no alfabeto parará na letra na que se atope ao escoitar a “parada” (por exemplo o P).
- Escribide a letra na táboa e, no tempo determinado previamente polas persoas participantes, ide completando os cadros cun animal de cada especie que comece pola letra indicada.
- Podedes comezar xogando en equipo e, despois, de xeito individual cunha ficha cada un.
Boa sorte e estade atent@s coma linces!